Cerrajería Kiko, empresa especializada en carpintería metálica en aluminio, ferro e aceiro inoxidable, iniciou a súa actividade un mes de Agosto do afastado 1981, polo que levamos máis de 25 anos adicándonos á carpintería metálica do aceiro. Cerrajería Kiko conta na actualidade con 8 especialistas que teñen a experiencia e coñecemento necesarios para realizar con éxito calquera traballo en aceiro, aceiro inox, aluminio soldado, automatismos para portas, etc.
Cerrajería Kiko levou a cabo traballos por toda a xeografía de Galicia, dende o norte de Lugo ata o sur de Pontevedra, pasando por múltiples lugares da Coruña e Ourense. Ademais, Cerrajería Kiko prestou os seus servizos de carpintería metálica tanto a particulares como a empresas e organismos públicos, polo que podemos ofrecernos, sen xénero de dúbidas, como empresa solvente no campo da carpintería metálica en aceiro.